Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZAN NA CIDADE OS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Un concerto de Caxade na Praza da Lectura, en Santa Icía, abrirá o 16 de maio a programación deseñada polas concellerías de Cultura, Ensino e Bibliotecas e Festas
Narón, 15 de maio de 2017. O concello naronés acolle esta semana varios actos organizados con motivo do Día das Letras Galegas, que se conmemora o vindeiro mércores, 17 de maio. O programa “N de Narón, a festa das Letras”, organizado polas Concellerías de Cultura, Festas e Ensino e Bibliotecas, dará comezo mañá, ás 21.30 horas, cun concerto de Alonso Caxade na Praza da Lectura, nas Vivendas da Mariña, en Santa Icía. Esa mesma ubicación será escenario o mércores día 17 de varias actividades dirixidas ao público familiar e infantil. O programa da xornada comezará ás 11.30 coa representación da obra “O vendedor de fume”, de Teatro Ghazafelhos e continuará ás 12.30 cunha sesión de DJ infantil a cargo de Picadiscos María Faltri. Pola tarde, tamén o día 17, ás 18.00 horas dará comezo o espectáculo “Brinca Vai!”, de Paco Nogueiras, e ás 19.00 o espectáculo músico teatral “Fantasía coas palabras”. Todas estas actividades desenvolveranse baixo unha gran carpa localizada na Praza da Lectura, donde tamén haberá unha carpa de menores dimensións a modo de espazo de lectura, con obras de Carlos Casares e outros autores homenaxeados en anos anteriores o Día das Letras Galegas. Este espazo de lectura estará aberto de 11.30 a 14.00 e desde as 17.00 ata as 20.00 horas. A Biblioteca municipal será tamén escenario de varias actividades programadas con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxean ao escritor ourensán Carlos Casares. Desde hoxe pola tarde e ata o vindeiro sábado, día 20, a sala infantil da Biblioteca municipal, e a planta baixa da sala de adultos, acollen unha exposición bibliográfica de Carlos Casares, que se poderá ver no horario de apertura destas instalacións (de luns a venres de 9.30 a 13.30 e desde as 16.00 ata as 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas). Na xornada de mañá martes, as persoas que fagan uso do servizo de préstamo da biblioteca recibirán como agasallo un libro en galego. Por último, tamén na Biblioteca municipal, o sábado 20 pecharanse os actos programados con motivo do Día das Letras Galegas. Nesta última xornada terá lugar a actividade “Conto e vida de Carlos Casares”, que se dirixe a nenas e nenos a partir de 4 anos e con carné de socios da biblioteca. Para esta convocatoria será precisa inscrición previa, que se pode tramitar no mostrador da Biblioteca municipal a partir de mañá ás 16.00 horas, ou chamando por teléfono ás instalacións (ao número: 981 382 173) no horario de apertura habitual. Así mesmo, tamén desde hoxe e ata o vindeiro sábado día 20 o espazo “Coa música a outra parte”, co que se anuncia o horario de peche da Biblioteca uns minutos antes de proceder ao mesmo, realizarase cunha canción de María do Ceo, titulada “Carlos Casares”.
Descarga de archivos
Cartaz
Tamaño:2,73 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal