Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA FESTA INFANTIL SOBRE A AUGA
Se celebrará este sábado na Praza de Galicia, durante todo o día.
Narón, 12 de Xuño de 2008.- O Concello de Narón ven de presentar unha festa para celebrar o Día Internacional da Auga, enmarcada dentro da campaña municipal realizada para fomentar o aforro de auga entre a cidadanía, especialmente entre os escolares. Precisamente os nenos/as serán os protagonistas deste evento, que se celebrará o vindeiro sábado 14 de Xuño na Praza de Galicia, en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os rapaces/as que se acheguen ata aquí poderán disfrutar, de xeito gratuito, de seis hinchables –cada un dos cales estará supervisado por un monitor- e cinco talleres sobre o tema da auga –con dous monitores por cada un deles-, ademáis de participar na sesión de contacontos e nun conto conxunto. A organización desta festa, promovida polo Concello de Narón e a empresa mixta de augas Cosma, propón ós participantes a confección dun mural panorámico de dous metros de ancho por oito de largo, no que os pequenos poderán decoralo coas súas mans, mediante pintura de dedo. Tamén se realizarán xogos cooperativos tendo en conta as diferentes situacións e estados da auga (océanos, ríos, choiva…) e se desenvolverá un obradoiro de llaveros e chapas conmemorativos do evento. Ademáis, está prevista a maquillaxe do rostro dos participantes, e a confección de puzzles sobre o tema. Tamén haberá unha sesión de conta contos protagonizada pola personaxe de ficción “a gotita clarita”, e os participantes escribirán frases nun mural que, unha vez unidas, formarán ó final do día unha historia sobre a auga. O Alcalde, Xoán Gato, e a tenente de Alcalde, Angeles Díaz, animaron ós nenos a participar nesta festa xunto coas súas familias, para concienciar ás novas xeracións na importancia de preservar este recurso natural.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal