Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PERSOAL DE SEAGA DESPRAZARASE OS DÍAS 24 E 25 DE MAIO AO MUNICIPIO PARA RECOLLER AS PATACAS DAS ZONAS AFECTADAS POLA COUZA GUATEMALTECA
A Consellería de Medio Ambiente habilitou o número de teléfono 626 719 200 para uso exclusivo da recollida de avisos para a entrega dos tubérculos
Narón, 20 de maio de 2017. Persoal da empresa Seaga desprazarase os vindeiros días 24 e 25 deste mes ao municipio para proceder á recollida das patacas das zonas afectadas polas medidas de erradicación da praga da couza guatemalteca, tal e como se anunciou ao goberno local desde a Consellería de Medio Ambiente. Desde a área de Sanidade e Produción Vexetal do Servizo de Explotacións Agrarias indicouse que os operarios da citada empresa traballarán en horario de 8.30 a 18.00 -un total de dez equipos- para participar no citado operativo, que inclúe o traslado dos tubérculos -nos sacos facilitados desde a Xunta- en camións estancos a unha planta de Cerceda para proceder á súa destrución, co fin de erradicar a praga. O camión que acopiará e transportará ata o xestor autorizado as patacas recollidas no municipio ubicarase nas inmediacións da cooperativa do Val durante as dúas xornadas indicadas. Así mesmo, tal e como se apuntou desde a administración autonómica, habilitouse o teléfono 626 719 200 de modo exclusivo para a recollida de avisos para a entrega das patacas. Este número de teléfono estará operativo de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal