Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA BANDEIRA CO LOGOTIPO DO DÍA NACIONAL DO CELÍACO CONTRIBUIRÁ A DIVULGAR ESTA ENFERMIDADE DESDE O CONCELLO
A bandeira permanecerá colocada á entrada do Consistorio desde o mércores 24 ata o luns 29 de maio
Narón, 22 de maio de 2017. O Concello de Narón colaborará coa Asociación de Celíacos de Galicia con motivo da conmemoración, o vindeiro 27 de maio, do Día Nacional do Celíaco. O edil de Sanidade, Octavio Dopico, indicou que desde o mércores 24 ata o luns 29 deste mes, permanecerá colocada na entrada do Consistorio unha bandeira co logotipo do Día Nacional do Celíaco. O goberno local de Narón amosará deste xeito a súa colaboración coa entidade e o seu respaldo ás persoas celíacas en canto á divulgación desta enfermidade, que impide ás persoas que a padecen comer alimentos con glute (por provocar trastornos na súa absorción), presente nas sementes de cereais como o trigo, a avea, a cebada e o centeo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal