Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE VALOROU A CONCESIÓN DOS FONDOS EDUSI E DESTACOU O TRABALLO CONXUNTO REALIZADO DESDE NARÓN E FERROL
O rexedor local, José Manuel Blanco, incidiu na importancia de traballar conxuntamente entre as administracións en beneficio de todos os veciños e veciñas
Narón, 22 de maio de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, valorou esta mañá a concesión dos fondos Edusi para os proxectos presentados polos concellos de Ferrol e Narón. Os dous municipios recibirán dez millóns de euros ao seleccionarse as propostas presentadas o pasado ano desde ambos Consistorios. Blanco destacou “a importancia de traballar unidos para poder acceder a diferentes axudas, neste caso procedentes de fondos europeos, que repercutirán no benestar dos veciños e das veciñas”. O rexedor local felicitou ao seu homónimo ferrolán, Jorge Suárez, polo traballo realizado, así como “a todo o persoal que tanto desde o Concello de Narón como o de Ferrol desenvolveu as tarefas necesarias para que a concesión destas importantes axudas sexa hoxe unha realidade”. O alcalde naronés subliñou que “iniciativas como esta constatan que é preciso traballar da man entre as administracións, independentemente dos partidos políticos, para poder levar a cabo diferentes proxectos que, debido ao seu elevado custe, non poderían asumir en certos casos as arcas locais”. Así mesmo, Blanco subliñou que “isto significa un novo impulso no traballo conxunto entre Ferrol e Narón, iniciado co saneamento integral da ría” e asegurou que “é un paso máis que demostra aos veciños e veciñas de ambos municipios o positivo do entendemento entre concellos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal