Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE ARA MALIKIAN NO PAZO DA CULTURA
O violinista libanés actúará o vindeiro 21 de outubro en Narón e xa se venderon máis de seiscentas entradas
Narón, 26 de maio de 2017. O Padroado da Cultura de Narón ten á venda as últimas entradas para o concerto que o violinista libanés Ara Malikian dará no Pazo da Cultura o vindeiro 21 de outubro. O pasado día 11 comezáronse a vender na billeteira do Pazo e a través da web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- e xa se adquiriron algo máis de seiscentas, quedando dispoñibles as últimas no patio de butacas e nas dúas plateas. O prezo na venda anticipada é de 25 euros para o público xeral e de 17,50 en tarifa reducida e o día da actuación o prezo será, respectivamente, de 29 e 20,30 euros. O concerto comezará ás 20.00 horas. Malikian interpretará no Pazo da Cultura temas do seu último disco: “La increíble gira del violín”. O recoñecido músico libanés, na actualidade afincado en Madrid, conta cun excelente talento desde neno. Aprendeu de xeito autodidacta, guiado polo seu pai, e tras mellorar a súa formación en prestixiosos centros e da man de recoñecidos profesionais da música, a día de hoxe goza de gran fama a nivel internacional. Mostra disto son os numerosos recoñecementos que recibiu na súa dilatada traxectoria profesional –deu o seu primeiro concerto con doce anos- e ten publicados desde o ano 1995 un total de vinte e cinco discos. Ara Malikian é un virtuoso do violín que, desde moi neno, amosou un gran talento para tocar este instrumento musical, que o levou a percorrer todo o mundo. No seu currículo conta, a maiores dos seus concertos, con participacións en bandas sonoras de películas dirixidas por recoñecidos directores como Pedro Almodóvar, entre outros, e colaboracións con grupos musicais como Extremoduro. Así mesmo, desde o Padroado da Cultura recordouse que tamén continúan á venda as entradas para a obra “El Padre”, protagonizada por Héctor Alterio, Ana Labordeta, Luis Rallo, Miguel Hermoso, Zaira Montes e María González. A representación, a cargo de Pentación Espectáculos, terá lugar o vindeiro 17 de xuño, ás 20.00 horas no Pazo da Cultura. As entradas, á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura, teñen un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. “El Padre” é unha traxicomedia contemporánea na que se aborda o tema da perda da realidade a causa da vellez. O protagonista da obra é Andrés, un home que fará rir aos espectadores coas súas ocorrencias, inmersas en contradicións e ambigüidades. Unha mistura de drama e comedia na que o público gozará desde o inicio da representación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal