Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 1.200 ALUMNAS E ALUMNOS DAS ESCOLAS DE BAILE E DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DO PADROADO DA CULTURA ACTÚAN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
O sábado e o domingo terán lugar os festivais de final de curso das citadas escolas, que se desenvolverán en varios pases
Narón, 1 de xuño de 2017. A actividade chegará de novo esta fin de semana ao Pazo da Cultura cunha serie de actuacións a cargo, nesta ocasión, do alumnado das Escolas de Baile e de Música Tradicional do Padroado da Cultura. Entre o sábado e o domingo subirán ao escenario un total de 1.230 rapaces e rapazas que durante o curso 2016-2017 asistiron ás clases destas Escolas, nalgunha das súas diferentes modalidades. A convocatoria servirá para que o alumnado amose ás súas familias e amigos o resultado do aprendido nos últimos meses. Na xornada do sábado, día 3, será o turno das alumnas e alumnos das Escolas de Baile do Padroado nas modalidades de Baile social, Baile deportivo de competición, danza coreográfica e ritmos caribeños. Os pases programados serán en dúas sesións, que darán comezo ás 17.00 e ás 19.30 horas. En total participarán 320 alumnas e alumnos. O domingo día 4 será o turno do alumnado das Escolas de Música e Baile Tradicional do Padroado: Gaita, Zanfona, Baile, Acordeón, Pandeireta e O Recuncho dos Pequechos. O primeiro pase dará comezo ás 16.30 horas e no mesmo actuarán 380 nenas e nenos, dos grupos infantís. Unha vez que rematen, ás 19.00 horas, está programada a segunda sesión, na que actuarán 530 alumnas e alumnos. Así mesmo, durante estes dous festivais actuarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Tradicional Alxibeira. As persoas interesadas poden adquirir as entradas dispoñibles –ata completar o aforo- na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de dous euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal