Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO COMO MOSTRA DE SOLIDARIEDADE COAS VÍTIMAS DO ATENTADO DE LONDRES
Representantes da corporación local e persoal funcionario e interino do Concello gardaron un minuto de silencio para condenar os atentados
Narón, 5 de xuño de 2017. Representantes da corporación local de Narón, co alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, á cabeza, gardaron esta mañá, ás 12.00 horas, un minuto de silencio ante a porta principal do Concello como mostra de solidariedade coas vítimas do atentado rexistrado na noite do pasado sábado en Londres. Á convocatoria asistiron tamén funcionarios e persoal interino da administración local. A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) dirixiu un escrito esta mañá aos Concellos para convocar este acto, “en defensa da liberdade, democracia e convivencia”, e co fin de rexeitar calquera tipo de manifestación de violencia. O Estado Islámico asumiu a autoría do atentado, no que os terroristas mataron a sete persoas e resultaron feridas corenta e oito, das que vinte e unha permanecen en estado crítico.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal