Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA NOVELA DE FINY SESMONDE
"Gotas de rocío, copos de nieve" é o título desta obra, da que se doarán parte dos beneficios da súa venda á Asociación de Loita contra os Malos Tratos (Almat)
Narón, 7 de xuño de 2017. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro venres, día 9, a presentación do libro “Gotas de rocío, copos de nieve”, escrito pola ferrolá Finy Sesmonde. O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, acompañará á autora neste acto, no que tamén participará Carmen López, psicóloga da Asociación de Loita contra os Malos Tratos (Almat), entidade á que se destinará unha parte dos beneficios da venda deste libro. A convocatoria terá lugar a partir das 19.30 horas na Sala multiusos da Biblioteca (no segundo andar), e a entrada é libre ata completar o aforo. “Gotas de rocío, copos de nieve” é unha novela na que a autora dá voz a través dos personaxes ás mulleres que coñeceu no país centroeuropeo no que viviu, Suiza. A historia somerxe ao lector nun mundo no que se abordan diferentes temas, como o amor prohibido, a emigración e a violencia de xénero. Sesmonde asegurou que “esta obra vai dirixida a todas as persoas que aman a vida, que queren esquecer e superar todo o que lles impide ser felices”. O lector experimentará diversas sensacións ao tempo que avanza na lectura desta novela, se ben a autora destacou que atopará “moitas respostas e esperanza de que si que podemos cambiar as nosas vidas”. Finy Sesmonde estudou Auxiliar administrativo en Ferrol e con 22 anos trasladouse a vivir a Suiza, país no que continuou os seus estudos de idiomas –actualmente fala cinco- e viviu varios anos. Cando volveu a España constituíu a súa propia empresa, na que traballou vinte anos, e actualmente cursa Interpretación na Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón. “Gotas de rocío, copos de nieve” (Editorial Círculo Rojo) é a súa primeira novela, un traballo que leva á escritora a afrontar esta nova etapa vital con moita ilusión.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal