Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DE ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DO COLECTIVO XITANO
O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Acción Social, Catalina García, felicitaron aos homes e mulleres que participaron nos oito cursos convocados a través deste programa
Narón, 13 de xuño de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a edil de Acción Social, Catalina García, entregaron esta mañá no Concello os diplomas a 36 alumnas e alumnos de accións formativas en Autoemprego e para a obtención de Educación Secundaria de Adultos e Competencias Clave. Estas sesións enmárcanse no Programa de desenvolvemento integral do colectivo xitano, cofinanciado no municipio pola Dirección Xeral de Inclusión Social, da Consellería de Política Social, o Concello de Narón e o Fondo Social Europeo no período 2015-2017. No mesmo programa inclúense accións sobre Habilidades Sociais –con edicións en San Mateo e San Xiao-; Apoio educativo; Pautas hixiénicas na busca de emprego e Pautas vivenciais na busca de emprego, que en total suman 188 horas de formación. Ao acto de entrega dos diplomas asistiron tamén representantes de Acción Familiar Ferrol, entidade coa que o Concello ten un convenio de colaboración que inclúe o desenvolvemento deste programa. O alcalde e a edil de Acción Social felicitaron aos alumnos e alumnas que hoxe recibiron os diplomas, por finalizar con éxito as diferentes accións formativas, e tamén os animaron a continuar formándose de cara a mellorar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. No caso das accións formativas para a obtención do título de Educación Secundaria de Adultos e de Competencias clave, remataron con éxito na primeira convocatoria á que se presentaron dúas persoas e outras dúas finalizaron as asignaturas que lles faltaban. O programa permitiu tamén realizar unha intervención individualizada a 59 persoas a través de itinerarios laborais personalizados. No acto celebrado esta mañá no Concello tamén se apostou por recoñecer a labor que desenvolveron un total de dez proxenitores, pola súa implicación nas tarefas de apoio educativo dos seus nenos e nenas durante o tempo no que se materializou o programa e ao tempo que se formaban eles mesmos para a busca dun emprego.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es