Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS Á VENDA PARA O ESPECTÁCULO "EL PADRE" NO PAZO DA CULTURA
O actor Héctor Alterio é o protagonista desta traxicomedia que a compañía Pentación Espectáculos representará no Pazo o sábado 17 de xuño
Narón, 13 de xuño de 2017. A compañía Pentación Espectáculos traerá esta fin de semana, o sábado día 17, ao Pazo da Cultura de Narón o espectáculo "El padre". As persoas interesadas en ver esta obra, con Héctor Alterio, Ana Labordeta, Luis Rallo, Miguel Hermoso, Zaira Montes e María González entre o elenco, poden adquirir as últimas entradas dispoñibles na billeteira do Pazo ou a través da páxina: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A cita dará comezo ás 20.00 horas e prolongarase durante hora e media. "El padre", obra escrita polo dramaturgo francés Florian Zeller e adaptada por José Carlos Plaza, é unha traxicomedia contemporánea na que se aborda o tema da perda da realidade a causa da vellez. Os protagonistas da obra sitúan ao espectador na perspectiva dunha mente confusa, ou confundida polos intereses dos que os rodean, polo que xurdirán as dúbidas sobre se o que acontece é o que conta a familia ou o que di o pai, Andrés, un enxeñeiro de 80 anos enfermo de alzhéimer, nos seus momentos de lucidez. O drama e a comedia compaxínanse a partes iguais neste espectáculo, donde o público gozará da obra desde o inicio da representación, pero tamén terá tempo para reflexionar e, incluso, poñerse por momentos na pel de Andrés, personaxe que encarna Héctor Alterio. O espectáculo foi un dos éxitos teatrais máis destacados en Francia, donde obtivo o tres premios Molière e representouse despois en varios países do mundo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal