Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL REGULARÁ A PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS PROCESOS DE PLANIFICACIÓN, ELABORACIÓN E AVALIACIÓN DA NORMATIVA MUNICIPAL
A proposta, que se levará ao pleno de final de mes, permitirá á veciñanza formular as consideracións que estime oportunas sobre os citados documentos
Narón, 22 de xuño de 2017. O equipo de goberno de Narón levará ao pleno da vindeira semana a proposta para regular a participación cidadá nos procesos de planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal do Concello. A proposta abordarase previamente na Xunta de Portavoces do vindeiro luns, día 26, tal e como indicou a edil de Participación Cidadá, Catalina García. En aras do cumprimento da normativa vixente ao respecto, as normas, ordenanzas –non orzamentarias nin fiscais- e regulamentos municipais someteríanse a unha consulta previa para que a cidadanía, antes de proceder á súa redacción, teña a oportunidade de formular as consideracións que estime oportunas sobre os citados documentos. O prazo xeral para a consulta pública de cada iniciativa, que se publicará na web do Concello, será de 15 días naturais, aínda que en determinados casos poderase fixar un superior desde Alcaldía. García explicou ademais que a maiores, e para completar o proceso, estase a traballar desde a área de Participación Cidadá coa de Novas Tecnoloxías, presidida pola edil Natalia Hermida, para a implantación dunha plataforma que permita ás veciñas e aos veciños participar a través de internet nesta proposta, evitando así que teñan que desprazarse ao Concello para facelo. A edil de Participación Cidadá apuntou ao respecto que así se lles comunicou xa aos integrantes do Consello Xeral de Participación celebrado hai unhas semanas no Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal