Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DE A GANDARA E O FEAL PARTICIPARON NUN PROXECTO EXPERIMENTAL SOBRE DOAZÓN DE ORGANOS
O Concello e a asociación ALCER entregaron unidades didácticas nestes colexios, para promocionar a doazón de órganos.
Narón, 18 de Xuño de 2008.- A Concellería de Sanidade do Concello de Narón e a Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais (ALCER) presentaron hoxe o Proxecto Salvavidas, organizado en colaboración co Centro de Coordinación de Transplantes de Galicia. Trátase dunha iniciativa pioneira na comarca de Ferrolterra, que está dirixida ós escolares dos centros educativos deste municipio. O Concelleiro de Sanidade de Narón, Manuel Ramos, explicou que esta acción concíbese coma un proxecto experimental, no que participaron un total de 140 escolares (90 alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP de A Gándara, e outros 40 estudiantes de 3º e 4º de Educación Secundaria do Colexio de O Feal). Durante as últimas dous semanas, os participantes traballaron con unidades didácticas nas que se perseguían tres obxectivos: “Tratamos de incrementar os coñecementos dos alumnos no corpo humán, a creación dun foro de debate e reflexión sobre os valores da doazón, e tamén a promoción dunha actitude favorable á mesma”, sinalou o Edil. Dada a boa resposta obtida polos escolares neste proxecto, o Concello e ALCER agardan extender o programa Salvavidas a tódolos centros de Primaria e Secundaria de Narón, de cara ó vindeiro curso escolar 2008-2009. Na actualidade existen na comunidade galega 480 persoas en lista de espera para acceder a un transplante, e máis de 3.500 persoas de Ferrolterra expresaron nos últimos anos a súa intención de facerse doantes de órganos. Dende ALCER incidiron na importancia de ter o carnet de donante pero tamén no respeto da súa vontade por parte da familia, xa que sen a súa autorización esta intención carece de validez legal. Nembargantes, dende o pasado mes de Xaneiro existe en Galicia o rexisto de doazóns previas, concebido coma un documento legal e de obligatorio cumprimento no que o doante e a súa familia ratifican o seu desexo de doar órganos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal