Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADO O PRIMEIRO FIN DE SEMANA TECNOLÓXICO "NARONLINE"
A Concellería de Novas Tecnoloxías celebra este encontro do 18 ó 20 de Xullo na Praza de Galicia.
Narón, 18 de Xuño de 2008.- O Concello de Narón -en colaboración coa Universidade de A Coruña e a Fundación Tecnolóxica Río do Pozo- desenvolverá do 18 ó 20 de Xullo o primeiro Fin de Semana Tecnolóxico “Naronline”, que terá lugar na Praza de Galicia e no que se espera a participación de 400 persoas de tódalas idades, procedentes tanto de Narón coma do resto da comarca, Galicia e España. A Tenente de Alcalde, Angeles Díaz Pardo, explicou hoxe que para levar a cabo este evento se instalará unha carpa de 2.700 metros cadrados, na que se desenvolverá de xeito ininterrumpido unha Party Informática, durante 56 horas e para a cal é necesario inscribirse previamente. As solicitudes poden tramitarse vía correo electrónico, na seguinte dirección: www.naronline.es Nesta páxina web, habilitada para tal fin, recóllese tamén tódala información relativa a este evento tecnolóxico, de carácter gratuito tal e como apuntou a Concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Paloma González Cuevas. “O prazo de preinscripción para participar na Party ábrese hoxe e se manterá ata o vindeiro 1 de Xullo”, sinalou a Edil, engadindo que “con este encontro tamén se pretende crear un espazo de convivencia e intercambio de experiencias entre os máis xóvenes”. Os participantes na Party poderán pernoctar no Pabellón de deportes do Campo da Serra, no cal se habilitará un espacio especialmente indicado para eles, que deberán ir provistos de esterillas e sacos de dormir ademáis dos equipos informáticos para participar no evento. Pero Naronline inclúe ademáis outras propostas de interese, que se detallan de seguido. Por un lado, haberá un ciclo de conferencias sobre o futuro das comunicación e o novo negocio basado en las TIC, nas que participarán destacados profesionais destos campos. Pero tamén está prevista a instalación dun aula con 30 ordenadores para acercar as novas tecnoloxías ás asociacións de veciños e a tódala poboación que aínda non se familiarizase con elas. Para iso haberá profesores que se encargarán de ensinar todo o relacionado con Internet e as súas posibilidades, tanto ás persoas maiores coma ós nenos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es