Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA O HORARIO DE ATENCIÓN DA ÁREA PARA INFORMACIÓN SOBRE AS ALEGACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS AO BORRADOR DO PXOM
O servizo, de carácter informativo para realizar os trámites ante a Xunta de Galicia, permanecía operativo os xoves de 10.00 a 13.00 horas na terceira planta do Concello e a partir do mes de setembro, ata o día 18, atenderá tamén ao público os luns no mesmo horario
Narón, 24 de agosto de 2017. O goberno local de Narón habilitou o pasado mes de xullo un servizo de información presencial exclusivo sobre alegacións medioambientais ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que permaneceu operativo os xoves de 10.00 a 13.00 horas na terceira planta do Concello. A partir do vindeiro mes de setembro, e ata o día 18, o servizo estará tamén operativo os luns -ademais dos xoves-, no mesmo lugar e horario, tal e como se indicou desde o goberno local. Un responsable do equipo redactor do PXOM atende a todas aquelas persoas que desexen realizar algunha consulta relacionada coas alegacións medioambientais ao borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A Xunta de Galicia someteu a exposición pública o borrador do PXOM do Concello de Narón, abrindo o pertinente prazo para presentar alegacións medioambientais (avaliación ambiental estratéxica) ata o vindeiro 18 de setembro. As alegacións deben tramitarse na Xunta de Galicia, organismo competente na materia, se ben o borrador do PXOM pode consultarse a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, (a través do enlace: http://cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal