Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZA A CELEBRACIÓN DO "OENACH ATLÁNTICO" NA PARROQUIA DE SEDES
A programación deseñada para a décimo novena edición deste evento sucederase do 28 ao 30 de xullo na zona da campa do Trece
Narón, 27 de xullo de 2017. A décimo novena edición do Oenach Atlántico inaugurarase o día 28 de xullo co tradicional Acendido de lumes na campa do Trece (Sedes), dando paso ao concerto da Noite de Música Galiciana, que este ano traerá a este evento ao cantautor de música tradicional galega Davide Salvado. Os asistentes poderán gozar, de balde, dos temas deste recoñecido músico autodidacta, que percorreu durante un tempo varios escenarios acompañando como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño. O programa do Oenach Atlántico, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, continuará na xornada do sábado e o domingo. O día 29 ás 11.00 horas abrirán os postos da Feira de Artesanía e do Mercadiño Artesán, no que hai medio centenar de inscritos. Cinco dos participantes realizarán demostracións de artesanía en vivo no interior das naves do recinto feiral do Trece. Tamén a esa hora darán comezo as actividades do Castro miúdo, dirixidas a persoas de todas as idades. Trátase dunha serie de propostas lúdicas coas que fomentar o coñecemento dos hábitos de vida propios da cultura celta. A continuación, sobre as 12.00 horas terá lugar unha exhibición da raza Can de Palleiro e ás 13.00 horas iniciarase o concerto de Pesdelán, que amenizará a festa con música e baile con marcado tinte das culturas galega e portuguesa. A partir das 14.00 horas será o turno da comida, no Oenach Gastronómico, podendo degustar os asistentes a este evento algún dos menús que se cociñarán para a ocasión, como as tradicionais bolas de sartén, entre outros. A actividade do sábado retomarase a partir das 16.00 horas, cunha sesión de xogos populares nun espazo lúdico delimitado para tal fin. Os máis pequenos da casa e os maiores poderán compartir unha serie de propostas de xogo durante boa parte da tarde. Ás 17.00 horas actuará a compañía Títeres Trompicallo, que representará a obra “Jiñol” e ás 18.30 será o turno da Parada Etnográfica da Música e o Baile Tradicional, co grupo “Alxibeira”, do Padroado da Cultura de Narón. E para finalizar a programación do día 28, ás 22.30 horas será o turno da Noite do Castro, coa representación da obra “Molexa”, cun elenco integrado por veciños e veciñas que forman parte da Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes. Na xornada do domingo os postos da Feira de Artesanía e do Mercadiño Artesán reabrirán de novo a partir das 11.00 horas, coincidindo coa primeira das actividades, a Carreira popular ao Castro de Eiravedra. As persoas que desexen participar poderán anotarse no recinto do Trece ata momentos antes de iniciarse a carreira, que será por un tramo duns cinco quilómetros arredor do Castro. E tamén ás 11.00 horas se iniciarán as sesións do Castro Miúdo, unha iniciativa para pequenos e maiores e da que forman parte un un Photocall castreño, obradoiros –de micro arqueoloxía e de vestido castrexo para crianzas- e a construción dunha mini palloza. Todas estas propostas están encamiñadas a dar a coñecer máis polo miúdo a cultura celta entre os asistentes ao Oenach Atlántico. De novo o teatro regresará á campa castrexa cunha recreación a partir das 13.30 e tamén o Oenach Gastronómico desde as 14.00. Xa pola tarde, ás 16.00 serán os Xogos populares no Espazo Lúdico e ás 17.00 a actividade Deporte Rural, co fin de poñer en valor o patrimonio cultural. Entre as propostas deste ano para esta última actividade están: serrado con tronzador, tiro á corda e carreiras con toradas. Ás 18.00 horas terá lugar unha nova Parada Etnográfica da Música Tradicional, coa actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón e ás 19.30 horas entregaranse os trofeos da Carreira Popular ao Castro, para clausurar o “XIX Oenach Atlántico” ás 20.00 horas. O Padroado da Cultura de Narón e a AVV “Rosa dos Ventos”, de Sedes, organizan un ano máis este evento, en colaboración coa Xunta de Galicia e Abanca.
Descarga de archivos
Programación
Tamaño:82,21 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal