Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE TURISMO IMPULSA UNHA CAMPAÑA A TRAVÉS DE INSTAGRAM PARA PROMOCIONAR O MUNICIPIO
A edil responsable da área, Natalia Hermida, animou a participar nesta iniciativa, etiquetando fotografías da localidade co hashtag #TuristeaNaron
Narón, 25 de agosto de 2017. A Concellería de Turismo de Narón ten en marcha unha campaña a través da rede social Instagram para que os naroneses e naronesas e visitantes da cidade etiqueten fotos da localidade baixo o hashtag #TuristeaNaron. Así o anunciou a edil responsable da área, Natalia Hermida, que explicou que o lema desta campaña é “Presume de Narón na túa viaxe!”. A concelleira animou á cidadanía a participar activamente nesta proposta, “co fin de dar a coñecer Narón polo mundo e amosar os encantos e o potencial turístico que ofrece o noso concello, moi coñecido por numerosos veciños e veciñas pero en ocasións todo un descubrimento para as persoas que visitan a localidade, polo que deste xeito promocionarémolo como destino turístico da nosa comarca”. As imaxes deberán incluír algunha característica ou distintivo que as identifique con Narón, tendo que estar captadas na cidade ou fóra da mesma, pero sempre amosando elementos vencellados ao municipio. As fotos que reúnan un mínimo de calidade republicaranse na conta de Instagram da Concellería de Turismo (@turismonaron), tal e como avanzou Hermida, sendo este o recoñecemento oficial aos autores e autoras das mesmas pola súa participación na campaña. Poderán participar nesta iniciativa as persoas maiores de 18 anos que posúan unha conta en Instagram e que cumpran os requisitos establecidos nas bases desta campaña, entre os que se atopa facerse seguidor da conta de Instagram @turismonaron. O tema xeral a amosar a través das fotografías ten que estar vencellado con Narón –recursos turísticos, espazos, tradicións, festas…- e, no caso de fotografías realizadas fóra do municipio, deberán incluír elementos representativos da cidade: un slogan, unha pegatina, o nome ou o escudo do Concello..etc… Os participantes non deben esquecer etiquetar as fotografías co hashtag #TuristeaNaron e compartilas en Instagram, podendo subir tantas como desexen e sempre xeolocalizándoas. A edil de Turismo de Narón indicou que desde a citada concellería valoraranse as mellores imaxes –que deberán ser inéditas- para publicalas nas redes sociais oficiais do Concello. As persoas que desexen recibir máis información deben facelo a través da páxina web da Concellería de Turismo: http://turismo.naron.es/. Alí están publicadas as bases da campaña, que se poden consultar a través do enlace: http://turismo.naron.es/gl/novas/turisteanaron-bases-da-campana. “Desde a Concellería de Turismo animo tanto ás veciñas e veciños de Narón como aos visitantes da cidade a que participen nesta campaña, promocionando un municipio do que os naroneses e naronesas nos sentimos especialmente orgullosos e do que valoramos todos os recursos e as posibilidades que ofrece a nivel turístico”, destacou Hermida.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal