Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADO NO PLENO EXTRAORDINARIO UN MODIFICADO DE CRÉDITO POR IMPORTE DE 3,4 MILLÓNS DE EUROS
A maior parte da partida, un total de 2,8 millóns de euros, destinaranse a realizar investimentos en diferentes áreas municipais
Narón, 18 de setembro de 2017. O grupo de goberno aprobou esta mañá nun pleno extraordinario un modificado de crédito por un importe de 3.485.244 euros. Os votos do tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG- sacaron adiante este documento, que permitirá realizar importantes investimentos no termo municipal. Os edís do PP e de EU abstivéronse no momento da votación e o portavoz de ENE votou en contra. O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, explicou que a financiación provén de partidas en baixa –aforros deste ano por un importe de 373.282 euros- e maioritariamente do remanente do ano 2016, que alcanzou os 3.111.962 euros. O edil subliñou que se trata dun modificado “moi favorable para os naroneses e naronesas” e recalcou, en explicacións ao portavoz municipal do PP, que “non se trata dunha corrección do orzamento, porque a palabra modificar non é sinónimo de corrixir e isto é unha modificación”. Ante as críticas dos populares, Villamar instou ao representante do PP a explicar a súa opinión polo feito de que “unha administración realice 85 modificacións de crédito ao mes, que é o que fai o PP na Xunta de Galicia e despois ese mesmo partido se escandalice no Concello de Narón pola incorporación de remanentes e cando, como moito, se fan doce modificados ao ano”. Na sesión plenaria, mencionáronse algunhas das intervencións previstas con cargo ao modificado de crédito. A gasto corrente, indicou, destinaranse 644.354 euros, que permitirán redactar novos proxectos, promocionar a hostalería, melloras informáticas, actuacións relacionadas coa área de Patrimonio, asinar convenios con diferentes entidades e impulsar o turismo local, entre outras. Así mesmo, con cargo aos 2.840.870 euros reservados para investimentos, o concelleiro naronés destacou que esa cantidade permitirá elevar ata os 4,5 millóns de euros a cifra de investimentos previstos este ano con fondos municipais. As áreas de Ensino, Deportes, Obras, Servizos, Patrimonio e Cultura serán algunhas das que se beneficiarán deste modificado. En canto ás obras previstas Villamar mencionou, entre outras, a merca dun local no Alto, a adquisición de terreos en Xuvia, a instalación de alumeado led, actuacións de saneamento, a continuación melloras en materia de accesibilidade, reparacións viarias, e un novo parque infantil na Gándara. A continuación votouse a modificación nº 2 das bases de execución do orzamento do exercicio 2017, na base nº 45 e modificación do anexo de transparencias nominativas. Neste apartado específico contémplanse os convenios coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre e a de Pescadores e Mariscadores de Ferrol; outro coa Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, un terceiro coa Agrupación de Libreiros de Ferrolterra e tamén dous coa AVV do Couto para actividades culturais. Neste caso, votaron a favor todos os grupos da corporación local excepto ENE. O alcalde, José Manuel Blanco, valorou a totalidade dos investimentos que se executarán con cargo a este modificado e subliñou que “hoxe é un día moi importante para Narón porque máis de tres millóns de euros vanse investir este ano en diferentes áreas do Concello”.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es