Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE PRESENTOU NO REXISTRO MUNICIPAL O DOCUMENTO DE RENUNCIA AO SEU CARGO
José Manuel Blanco deixará oficialmente a Alcaldía de Narón, tras vinte e catro anos na política municipal, nun pleno extraordinario que se celebrará o 23 de setembro
Narón, 19 de setembro de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou esta mañá no Rexistro municipal do Concello o escrito de renuncia á súa condición de rexedor. O secretario xeral do Consistorio, Alfonso de Prado, foi o encargado de recepcionar o documento, estando tamén presentes nese momento a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e o secretario xeral de TEGA e tamén concelleiro naronés Guillermo Sánchez Fojo, entre outros edís. A renuncia de Blanco ao cargo oficializarase no pleno municipal que se celebrará o vindeiro sábado, día 23, ás 12.00 horas no Concello. O alcalde porá fin a trinta e catro anos de traballo no Concello de Narón, donde os oito últimos exerceu como rexedor local e anteriormente presidiu varias concellerías.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es