Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL GOLFO ÁRTABRO NORTE CONVOCA UNHAS XORNADAS PARA PROMOVER OS SECTORES TURÍSTICO E PESQUEIRO
O Concello de Narón forma parte do GALP Golfo Ártabro Norte, que xunto co GALP da Mariña organiza esta iniciativa dirixida á cidadanía en xeral, que se iniciou en setembro e continuará este mes
Narón, 4 de outubro de 2017. O Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte –do que forma parte o Concello de Narón, entre outros municipios da comarca- convoca, xunto co GALP A Mariña, unhas xornadas destinadas a promover e dinamizar os territorios a través de iniciativas vencelladas aos sectores turístico e pesqueiro. “Galicia Norte. Mares de experiencias” é o título desta iniciativa, que deu comezo o pasado 28 de setembro e que continuará os días 11, 19 e 26 de outubro na localidade de Miño. Trátase dunha convocatoria aberta á participación da cidadanía en xeral, debendo inscribirse previamente os interesados a través do correo electrónico pilartorres@valoraconsultores.com ou chamando ao 673 472 735. A segunda das propostas do programa é un Plan de márketing, que terá lugar o 11 de outubro de 10.00 a 13.00 horas (a primeira sesión) e desde as 16.00 ata as 19.00 (a segunda). Continuará a iniciativa cun apartado de Lexislación o 19 de outubro, entre as 9.30 e as 13.30 e rematará con outro de Creación de redes o 26 deste mes, tamén de 9.30 a 13.30 horas. Todas as sesións se celebrarán na Casa do Pescador do concello de Miño, no número 33 da rúa Curro. As inscricións poden formalizarse ata o propio día en que se celebren as xornadas. A través do proxecto “Galicia Norte. Mares de experiencias” apóstase por deseñar itinerarios turísticos e tamén promover a creación de empresas e emprego dentro dos sectores turístico e pesqueiro, tal e como indicaron desde a organización.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal