Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTA Ó PÚBLICO A OFICIÑA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
Está situada frente á rotonda de Freixeiro e funcionará durante os meses de Xullo e Agosto, en horario de mañá e tarde.
Narón, 1 de Xullo de 2008.- A Concelleira de Turismo e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, inaugurou esta mañá a Oficiña Municipal de Información Turística, situada frente á rotonda de Freixeiro –na Estrada de Castela-. A Edil referiuse a esta instalación coma un punto de referencia para tódolos turistas e tamén para os naroneses que desexen coñecer os encantos de lugares que aínda están por descubrir. “Aquí imos a ofrecer información primeiro de Narón e logo tamén dos concellos que integran Ferrolterra e Ortegal”, declarou. A Concelleira de Turismo fixo tamén un chamamento público a tódolos hosteleros do municipio que desexen achegar información sobre os seus establecementos a esta Oficiña de Turismo, para a súa distribución entre os visitantes. “Este punto de información está aberto tamén ós establecementos de ocio e restauración de Narón”, engadiu. Na inauguración desta Oficiña estivo presente tamén o Vicepresidente da Deputación de A Coruña, administración que costeou a caseta informativa. Pablo Villamar declarou que “é importante que o Concello venda os seus referentes turísticos, coma Aldea Nova, o Muiño de Pedroso, ou o Centro Comercial e de Ocio “Odeón”, dixo ó tempo que destacou a colaboración entre administracións (Concello de Narón, Deputación de A Coruña, e Xunta de Galicia) para promocionar o destiño turístico Ferrol-Ortegal. A Oficiña Municipal de Información Turística permanecerá aberta os meses de Xullo e Agosto, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas (de luns a venres) e de 10 a 14 horas (os sábados). Está atendida por dous bolseiras , e ubícase frente á rotonda de Freixeiro, nun espazo con zonas de estacionamento gratuito.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es