Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN VIRUTAS NA ORGANIZACIÓN DO "II ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA VIRUTAS"
A cita terá lugar os días 6 e 7 de outubro e participarán na mesma recoñecidos torneiros de madeira procedentes de varias localidades do país
Narón, 5 de outubro de 2017. O Concello de Narón e a Asociación de Torneiros da Madeira “Virutas” organizan o “II Encontro de torneiros de madeira Virutas”, que comezará mañá e continuará o sábado día 6 en Ferrol. A cita coincide coa quinta edición da Feira de maquinaria que terá lugar nas mesmas datas e ubicación, na nave da Ferretería Canaima, localizada no Camiño de Basanta s/n. A programación a desenvolver durante este evento incluirá demostracións en vivo do traballo que realizan varios torneiros, entre os que estarán dous dos máis recoñecidos do país, Rafael Alonso, de Palencia, e Xavier Martín, cun taller no concello de Vilarmaior. Así o anunciou o presidente da asociación “Virutas”, Adolfo Mira, que recordou que en total participarán unha vintena de torneiros chegados de diferentes localidades e moitos deles da propia asociación, con sede en Narón e cunha vintena de socios desde a súa constitución, hai agora un ano. No “II Encontro de torneiros de madeira Virutas” poderanse tamén ver pezas únicas torneadas por varios profesionais. As persoas interesadas en asistir á convocatoria poderán facelo durante as dúas xornadas en horario de mañá e de tarde, de 10.00 a 13.30 e desde as 16.00 ata as 19.30, tal e como indicaron desde a organización. A entrada é de balde e tanto desde a asociación como desde o Concello animaron á cidadanía a asistir a esta cita, para coñecer unha parte do traballo que realizan os torneiros profesionais.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es