Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO ORGANIZOU UNHA COMIDA DE DESPEDIDA AO EXALCALDE DE NARÓN
Máis dun centenar de persoas acompañaron a José Manuel Blanco, que recibiu un agarimoso recoñecemento do persoal do Consistorio naronés
Narón, 7 de outubro de 2017. O exalcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no mediodía de onte un agarimoso recoñecemento do persoal do Concello no transcurso dunha comida celebrada nas instalacións dun restaurante da cidade. Máis dun centenar de persoas quixeron acompañar a Blanco participando nesta convocatoria, organizada pola Xunta de Persoal do Concello con motivo da súa recente xubilación, que se formalizou nun pleno celebrado o pasado 23 de setembro. Os asistentes recibiron con aplausos ao exrexedor municipal á súa chegada, acompañado pola súa muller, Teresa Miranda, e por compañeiros e compañeiras da corporación local. Trala comida os representantes da Xunta de Persoal do Concello de Narón entregáronlle un ramo de flores á muller e varios agasallos ao exalcalde, entre eles unha figura de Sargadelos –con forma de castaño- e un reloxio. Tras recibilos, o exrexedor naronés dirixiuse aos alí presentes, agradecéndolles a súa asistencia. Blanco destacou a labor realizada polo persoal do Concello durante os anos que formou parte da corporación local –trinta e catro- e incidiu en que “se non fora por vós, polo voso traballo diario e polo que representades para os veciños e as veciñas de Narón, de verdade que non estariamos aquí”. O exalcalde pediu unha única cousa ao persoal do Concello “que continuedes traballando con Marián –actual alcaldesa de Narón- igual que o fixestes comigo”, para rematar a súa intervención recalcando que “tedes un veciño aquí na Gándara para o que necesitedes” e dando de novo “grazas por todo”. Trala comida e a entrega de agasallos o persoal gozou dunha sesión de baile que se prolongou durante boa parte da tarde.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es