Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CAFÉ TEATRO DO PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DO LIBRO ITINERARIO DO BOTELLÓN
O autor da obra, José Luis Graña, estará acompañado no acto polos ilustradores da publicación e dous mestres, tal e como apuntou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 25 de outubro de 2017. O profesor e escritor José Luis Graña presentará este venres, día 27, o seu libro Itinerario do botellón nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que o acto dará comezo ás 19.45 horas e apuntou que acompañarán ao autor os ilustradores da publicación, Antón Prego e Marisa Areal; o tamén profesor e escritor Xosé Luna e o mestre Antón Rey. A edil naronesa convidou á veciñanza de Narón e comarca a asistir a esta convocatoria, destacando a importancia da temática que se aborda nesta nova publicación de Graña Muíño. A obra, tal e como indicou Graña, amosa os puntos de vista de diferentes colectivos sociais sobre o botellón desde unha perspectiva obxectiva e con ton humorístico, pero tamén ten moi presente a crítica. O público ao que se dirixe principalmente este libro e ás mozas e mozos, aínda que se trata dunha obra que xerará reflexión entre os lectores de moi diversas idades. Así mesmo, o autor de Itinerario do botellón destacou a doada comprensión do texto, cunha linguaxe coidada, apuntou, e adaptada aos diferentes rexistros dos personaxes, na súa gran maioría anónimos. José Luis Graña asegurou ademais que se trata dun libro “ideal para traballar nas aulas de Secundaria”. O escritor ten publicadas outras dúas obras: Cerdido: Lingua e outras realidades, e a novela Converxencia na cor vermella.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal