Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA CO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O NADAL
As persoas que poidan doar algún xoguete poderán facelo en varias instalación municipais e establecementos da cidade e a solicitude dos mesmos por parte das familias con menos recursos poderá facerse ata o 12 de decembro, tal e como indicou a edil de Acción Social, Catalina García
Narón, 8 de novembro de 2017. A concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García, e a vicepresidenta da asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, María Dolores Romero, presentaron esta mañá a campaña de Nadal de recollida e solicitude de xoguetes para as familias con menos recursos do concello. As persoas interesadas en pedir esta axuda poden cubrir a instancia no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 08,30 a 13,30 horas, ata o 12 de decembro. Ademais, e sempre que non figure no expediente do Servizo Sociocomunitario, deberán achegar a seguinte documentación: fotocopia do DNI da persoa solicitante e da que recollerá os xoguetes no seu momento, no caso de non ser a mesma; fotocopia do libro de familia d@ menor e xustificación das prestacións que están a recibir no momento da solicitude. Cumpridos estes requisitos, as persoas beneficiarias recibirán un impreso de derivación que terán que presentar o 4 de xaneiro entre as 16,30 e as 20,30 horas no Centro de Recursos Solidarios de Narón (polígono Río do Pozo, avenida Gonzalo Navarro, parcela 23) para proceder á recollida dos xoguetes. Paralelamente, e nas mesmas datas, actívase a campaña de recollida, aberta a todas as persoas que queiran contribuír achegando algún xoguete para as familias máis necesitadas. Para iso, a Concellería de Acción Social propón diversos puntos: a Biblioteca Municipal do Alto –de 09,30 a 13,30 de luns a venres e de 10,00 a 13,00 horas os sábados-; as escolas infantís municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara; os centros de ensino de Narón, a Academia September (Estrada de Castela, 833, baixo dereita) ou o propio Centro de Recursos Solidarios os luns, martes, xoves e venres en horario de 09,30 a 13,00 horas e os mércores de 16,30 a 20,00 horas. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 634 555 663 ou enviar un correo electrónico ao enderezo crsnaron@gmail.com. Os xoguetes recollidos serán almacenados, clasificados e distribuídos a través do Centro de Recursos Solidarios coa finalidade, explicou a concelleira Catalina García, de que “tod@s @s nen@s poidan ter cando menos un xoguete na Noite de Reis”. García quixo “agradecer a solidariedade da veciñanza de Narón demostrada nas campañas anteriores” e fixo un chamamento ás persoas doadoras para que entreguen os xoguetes en bo estado de funcionamento. Ademais, García lembrou que o Centro de Recursos busca persoas colaboradoras na campaña de recollida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal