Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
QUICO CADAVAL E CELSO SANMARTÍN PROTAGONIZAN O ESPECTÁCULO "OS CONTOS DE JOSELÍN"
O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá esta cita o vindeiro día 12 de novembro a partir das 19.00 horas
Narón, 10 de novembro de 2017. Os contadores Quico Cadaval e Celso Sanmartín estarán o domingo, día 12, no Café Teatro do Pazo da Cultura, donde protagonizarán o espectáculo Os contos de Joselín, de aCentral Folque. A cita será a partir das 19.00 horas e as entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo da Cultura e na páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para desempregados, abonados e persoas con carné xove ou de estudante. Os dous artistas recuperan o mundo tradicional dos contacontos para abordar unha novidosa historia na que o público poderá descubrir a figuras como José Rodríguez de Vicente, Joselín, un home admirado polos galeguistas republicanos, condecorado polas ditaduras, supervendas discográfico en Galicia e España cos seus vinte e tres “contos galegos” gravados e ídolo de masas en Bos Aires. Nesta ocasión Quico Cadaval e Celso Sanmartín encargaranse de recrear Os contos de Joselín, compaxinándoos cos seus propios. Cadaval, actor e director artístico do espectáculo, e Sanmartín, contan cunha dilatada traxectoria profesional como contadores de historias de tradición oral. Este domingo o público poderá gozar dun dos seus espectáculos de narración oral no Pazo, que se prolongará durante unha hora e media.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal