Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O INVESTIGADOR E PROFESOR UNIVERSITARIO JAVIER MAS IMPARTIU NO PAZO UNHA CHARLA SOBRE "LUZ CREPUSCULAR POCO ES DE FIAR"
O Concello organizou a convocatoria cos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos e o IES Cabo Ortegal e asistiron medio milleiro de estudantes de Narón e comarca
Narón, 13 de novembro de 2017. O investigador e profesor de Física Teórica da Universidade de Santiago de Compostela Javier Mas, impartiu esta mañá unha charla sobre “Luz crepuscular poco es de fiar” no Pazo da Cultura. Os destinatarios da mesma foron un total de 502 alumnas e alumnos de institutos de Narón e comarca, que coñeceron de primeira man diversas cuestións relacionadas coa Ciencia. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, acudiu ao acto, organizado polo Concello de Narón –en colaboración cos IES Terra de Trasancos e As Telleiras, de Narón, e o IES Cabo Ortegal, este último de Cariño- e que comezou ás 11.30 horas. A charla de Mas espertou un gran interese entre as mozas e mozos que asistiron e que interactuaron en todo momento respostando ás preguntas que formulaba o investigador e profesor universitario, que preguntaba a súa opinión sobre varias imaxes proxectadas nunha gran pantalla. Raios solares, sombras no horizonte ou o crepúsculo foron algúns dos temas abordados na sesión. A finalidade desta convocatoria foi achegar a Ciencia aos estudantes, familiarizándoos con diversos temas para así crear vocación entre os participantes. O alumnado que acudiu ao acto está cursando cuarto de ESO, ou primeiro ou segundo curso de Bacharelato de Ciencias e procedía dos IES das Telleiras, Terra de Trasancos, de Narón, e doutros de Cariño, Fene, Ferrol, Neda e Mugardos. Docentes dos centros acompañaron aos estudantes e unha das representantes da comunidade educativa foi a encargada de presentar a sesión, agradecendo a colaboración da Concellería de Educación, que preside a edil Mercedes Taibo, “por apoiar esta idea e facilitar a súa organización dun xeito dinámico e efectivo”, así como a presencia dos institutos que participaron e, como non, de Javier Mas. A edil de Ensino destacou a implicación e colaboración dos institutos de Narón e comarca para que o resultado desta convocatoria fose un rotundo éxito en canto á participación, agradecendo tamén o feito de que o investigador e profesor da USC viñese a Narón para falar de Ciencia ao alumnado da cidade e doutros institutos da zona.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal