Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU EN SANTIAGO A ADHESIÓN DO CONCELLO AO PROTOCOLO DA CAMPAÑA "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS"
Marián Ferreiro desprazouse a Compostela acompañada pola edil de Igualdade, Teresa Sabio, para respaldar formalmente esta iniciativa que recibiu o apoio unánime da corporación local nun pleno celebrado a principios de novembro no Concello
Narón, 15 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, desprazáronse esta mañá a Compostela para asinar no Concello de Santiago o protocolo da campaña “En Negro contra as violencias machistas”. A rexedora local foi a encargada de rubricar o documento, xunto con representantes doutros municipios e deputacións galegas no Consistorio compostelano, donde xurdiu esta iniciativa no ano 2015. A convocatoria comezou ás 11.00 horas tras realizarse unha fotografía de grupo tódolos representantes dos concellos e deputacións que asinaron este protocolo. O Concello de Narón aprobou por unanimidade da corporación o pasado 8 de novembro nun pleno extraordinario a súa adhesión a esta campaña, tal e como recordou Marián Ferreiro, que avanzou que nos vindeiros días se presentarán as actividades a desenvolver no marco da mesma e para o que o Consistorio xa recibiu material. “En Negro contra as violencias” é unha campaña de denuncia e movilización social contra as violencias machistas e que contempla a realización de varios actos con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro. A edil de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, recordou que “é precisamente visibilizar a loita real contra a violencia de xénero un dos obxectivos que se recollen no II Plan Municipal de Igualdade do Concello de Narón” e valorou a adhesión do Consistorio a esta iniciativa. Pola súa parte, a alcaldesa de Narón valorou tamén a unanimidade acordada na corporación local e o respaldo de preto dun cento de concellos galegos e tres Deputacións a esta campaña de sensibilización cidadá. “O respaldo das administracións públicas é fundamental de cara á tan necesaria erradicación dunha lacra social como é a violencia de xénero, contra a que temos que loitar desde as administracións pero tamén co necesario respaldo doutras entidades e organismos privados e da cidadanía en xeral, porque tan só así camiñaremos cara á tan necesaria erradicación das violencias de xénero que desgraciadamente acaban cada ano coa vida de centos de mulleres”. Marián Ferreiro asegurou que o Concello de Narón “foi dos pioneiros na elaboración dun Plan de Igualdade, implantado en 2006 e que cada ano dedica importantes partidas a desenvolver varias accións encamiñadas a previr situacións que poidan derivar en casos de violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións”. No marco desta nova campaña, “En Negro contra as violencias”, fomentaranse, entre outras, accións de sensibilización cidadá en coordinación con outros concellos galegos e implicarase aos diferentes sectores da sociedade nas medidas de rexeitamento á violencia de xénero, tal e como recordou a alcaldesa da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal