Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS NO "IX MERCADO DE SEGUNDA MAN" DE SEDES
A cita será o 10 de decembro nas instalacións do recinto feiral do Trece e os vendedores deben doar un mínimo de tres quilos de alimentos ou productos de limpeza para o Centro de Recursos Solidarios, tal e como indicou a edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez
Narón, 15 de novembro de 2017. As persoas interesadas en instalar un posto no “IX Mercado de Segunda Man” que se celebrará en Sedes teñen á súa disposición as instancias que é preciso cumplimentar para asistir a esta convocatoria. O recinto feiral do Trece, en Sedes, acollerá un ano máis este evento, que terá lugar o 10 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00. Os titulares dos postos que se instalarán deben comprometerse a realizar unha aportación solidaria que este ano se fixou nun mínimo de tres quilos de alimentos ou produtos de limpeza, que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios, tal e como indicou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez. Os participantes neste mercado deben ser maiores de idade e asistir a título particular –non comerciantes nin vendedores ambulantes- e non se admitirán animais, produtos alimenticios nin bebidas. A montaxe dos postos deberá realizarse o día 9 de decembro a partir das 16.00 ou o 10 desde as 8.00 ata as 10.00 horas, tal e como indicou a edil naronesa, que recalcou que o número máximo de participantes está limitado a 120. A inscrición é de balde e a instancia pode solicitarse no Rexistro Municipal do Concello ou descargarse da páxina web do Concello de Narón –www.naron.es-. A edil naronesa animou á veciñanza a asistir a esta convocatoria “na que se poderán vender diferentes artículos aos que os propietarios xa non lles dan uso na actualidade nun espazo no que a clientela terá como cada ano unha ampla oferta para escoller á hora de realizar as súas posibles compras de artículos de segunda man”. Así mesmo, destacou tamén o apartado solidario desta convocatoria, “no que ademais dos vendedores, poderán doar alimentos e produtos de limpeza os asistentes para colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón”.
Descarga de archivos
Modelo inscrición
Tamaño:174,82 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es