Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 139 IMAXES OPTAN AOS PREMIOS DO "VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que o premio se fallará o vindeiro 4 de decembro no Concello
Narón, 27 de novembro de 2017. Un total de corenta e nove persoas presentaron fotografías á oitava edición do “Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. Así o anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que explicou que o xurado do certame se reunirá o vindeiro luns, 4 de decembro, no Concello para seleccionar as tres imaxes gañadoras desta convocatoria. En total contabilizáronse 139 fotografías, das que a maiores das tres gañadoras se elixirán outras nove para ilustrar o calendario que editará o Concello de Narón para o ano 2018, tal e como recordou Hermida. A maior parte dos participantes, 20 dos 49, son de Narón, seguidos de Ferrol -16 de 49- pero tamén presentaron as súas fotos persoas de Fene, Pontedeume, As Pontes e A Coruña, tal e como se puido comprobar trala apertura dos sobres. Os pseudónimos baixo os que se presentaron os participantes son: Luft19bild; Mina; Zelda88; Mía; Robaliza; Thor; Morticia Addams; J8; Ares; Antares; Baralloco; Boa sombra; Shyman; Alfredo; Mbg. Alto; Angaca620; Raíña; Rústico; Aventurera 62; Yiyi; Teixo; Pandora; Jumper; Athaires; Al; Disparo al aire; Embruxada; Juan Viaxeiro; Tron; Desperado; As zocas viaxeiras; Esmorga; Sinforosa; Paloma; Formosende; Baqueta Negreirosa; Forxa; Enok Arden; Oenach Photo; Wallace; Agarimo Style; Friskito: Tashya; Froilán; Panos de Fondo; Indisa; Hermes Sáinz; Duque e Gaia Darli. Trala reunión do xurado –cuxa composición exacta se dará a coñecer o 1 de decembro a través da web do Concello- publicarase na páxina web do Concello a acta da mesma e comunicaráselles aos gañadores o día e a hora do acto de entrega dos premios. O primeiro será de 750 euros; o segundo de 300 e o terceiro de 150 euros. O xurado valorará, tal e como se estipulou nas bases, a calidade técnico artística da imaxe, a orixinalidade e o grao de representatividade do Concello de Narón. O patrimonio monumental, espazos naturais de interese, cultura, festas populares, tecnoloxía ou lecer son algúns dos temas sobre os que se podían presentar as fotografías a esta edición do certame. O “VIII Concurso de Fotografía Cidade de Narón” desenvolveuse entre os días 2 e 17 de novembro. A concelleira de Turismo destacou a “elevada participación de veciñas e veciños de Narón e doutros concellos neste certame, a través do que amosamos, a través dunha serie de imaxes, parte dos encantos que ten a nosa cidade, tanto a nivel paisaxístico como nos eventos festivos que se celebran cada ano”.
Descarga de archivos
Listado de participantes
Tamaño:42,07 KB
Tamaño:42,67 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal