Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCOU UN OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA QUE SE IMPARTE NO CENTRO COMUNITARIO INTEGRADO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, visitou aos maiores que participan nesta primeira edición do obradoiro
Narón, 14 de decembro de 2017. A Concellería de Promoción Social e Igualdade, presidida pola edil Teresa Sabio, organizou este ano a primeira edición dun Obradoiro de Caligrafía dirixido ás persoas maiores. As clases comezaron xa nas instalacións do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, e o actual grupo, que esta mañá visitou a edil naronesa, está formado por trece persoas. Sabio animou ás veciñas e veciños a participar neste tipo de obradoiros organizados desde o Concello ao longo do ano. Este obradoiro consta dun total de dez sesións, dunha duración de hora e media cada unha delas, nas que as mulleres e homes que acoden ás clases aprenden a escribir con letras artísticas e correctamente formadas, abarcando desde creacións utilitarias ata obras artísticas. Así mesmo, nas clases fanse introduccións prácticas no uso de plumillas, pincéis, ferramentas caligráficas e tamén se aprenderá a usar o trazo da construción de letras. As alumnas e alumnos que participan aseguraron sentirse moi satisfeitos con todo o aprendido durante as tres sesións que xa se celebraron e animaron ao Concello a continuar impulsando iniciativas deste tipo dirixidas ao colectivo. “Os maiores que asisten a este obradoiro terán a oportunidade de practicar técnicas caligráficas e, ao tempo, entrear a súa motricidade, estimular os sentidos e mellorar a súa capacidade de concentración”, explicou Sabio. A edil de Promoción Social e Igualdade apuntou tamén que entre os obxectivos desta proposta municipal está o de favorecer a estimulación artística dos participantes, polo que animou ás persoas maiores de Narón a sumarse a esta proposta municipal. Finalmente Sabio recordou que o vindeiro ano se prevé a convocatoria de novos Obradoiros de Caligrafía, así como manter e ampliar na medida do posible este tipo de propostas formativas dirixidas ás persoas maiores de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal