Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O VICEPRESIDENTE DA FUNDACIÓN CNAE ASINARON UN CONVENIO EN MATERIA DE SEGURIDADE VIARIA
O acordo que rubricaron no Consistorio Marián Ferreiro e José Manuel López, nun acto ao que tamén asistiu o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, terá una vixencia dun ano
Narón, 14 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o vicepresidente da Fundación Confederación Nacional de Autoescolas de España (CNAE), José Manuel López, asinaron un convenio de colaboración no Concello no transcurso dun acto ao que tamén asistiron o edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo e representantes do equipo de Educación Viaria do Consistorio. En virtude ao acordo rubricado esta mañá a administración local naronesa e a Fundación CNAE comprométense a estreitar as súas relacións e aunar esforzos para desenvolver accións de colaboración en materia de educación e seguridade viaria. Investigacións, estudos e formación forman parte das propostas a realizar con cargo a este convenio, que terá unha duración inicial dun ano. O vicepresidente da Fundación CNAE subliñou a importante labor que o Concello de Narón leva realizando nos últimos anos en materia de Educación Viaria, cun completo equipo de persoal e medios destinados a este traballo. “Os primeiros prescriptores viais son os pais, que son os que dan exemplo aos seus fillos e os comportamentos e valores xéranse tamén nos colexios, que desempeñan unha gran labor en materia de seguridade viaria, tendo un papel máis formativo as autoescolas”, apuntou López. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, valorou o traballo do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón con diferentes colectivos sociais en materia de seguridade cidadá, entre eles escolares de Narón e tamén doutros municipios da comarca. Así mesmo, destacou o feito de que o goberno local de Narón “non escatimou nunca en recursos destinados a incrementar a seguridade viaria, porque somos coñecedores de que estamos invertindo en futuro, nesas nenas e nenos que xa lles din aos seus pais cando cometen unha infracción ao volante ou como peatóns que o están facendo mal, porque coñecen boa parte da normativa en materia de seguridade viaria”. O vicepresidente da Fundación CNAE recordou tamén que “tiven unha gran satisfacción cando o Concello de Narón recibiu en Madrid o Premio ao Compromiso coa Seguridade Viaria e a Mobilidade Sostible da Fundación CNAE”. O galardón, concedido a finais de 2016 e entregado o pasado mes de marzo en Madrid, recoñece o traballo realizado polo Consistorio naronés a través do programa “Aprende pedaleando”, que promove a educación viaria no entorno escolar mediante o uso da bicicleta, como medio de ensino fóra das aulas. A alcaldesa destacou a importancia do convenio asinado e tamén o feito de que permitirá a Narón “continuar avanzando en materia de seguridade viaria”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal