Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO CO PRESIDENTE DA FUNDACIÓN EXPONAV POR IMPORTE DE 10.000 EUROS
Marián Ferreiro explicou que con cargo ao acordo rubricado o Concello colaborará co Museo da Construción Naval, a Biblioteca e actividades desenvolvidas na Sala Carlos III
Narón, 20 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e Antonio Duelo Menor, presidente da Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das actividades Marítimas, Exponav, asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración por un importe de 10.000 euros. A rexedora local explicou que con cargo a esta partida o Consistorio naronés colaborará coa exposición museística, para amosar o pasado e o presente da construción naval aos visitantes de Exponav. Duelo Menor agradeceu no transcurso do acto a colaboración do Consistorio e destacou o labor que se desenvolve na citada Fundación, así como o valor dos fondos do museo Exponav. Así mesmo, Ferreiro recordou que o Concello forma parte da Fundación Exponav –entre outras entidades e administracións- como patrono, “polo interese común de ambas entidades para vitalizar e impulsar aspectos relacionados coa promoción e dinamización económica da comarca de Ferrolterra”, tal e como se recolle no documento. A colaboración do Concello materializarase en tres vertentes: o Museo da Construción Naval, a Biblioteca e actividades desenvolvidas na Sala Carlos III. Marián Ferreiro incidiu no feito de que “para o goberno local este é un convenio co que contribuímos un ano máis a impulsar actividades e eventos vencellados ao sector naval, de vital importancia para, entre outros, as veciñas e veciños da nosa comarca”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es