Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTABLECE UN NOVO HORARIO DE APERTURA NO NADAL
Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro modificarase o horario de atención ao público, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 20 de decembro de 2017. A Biblioteca Municipal de Narón comezará a funcionar a partir do día 26, co novo horario de Nadal. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, que indicou que ata o día 5 de xaneiro a Sala de adultos abrirá polas mañás en horario de 9.30 a 13.30 e polas tardes de 16.00 a 21.00. No caso da Sala infantil e a Bebeteca os horarios establecidos son de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00, tal e como indicou a edil. O horario de atención ao público e a sala de informática suspéndense sempre quince minutos antes do horario de peche e o venres día 5 de xaneiro non abrirá a Sala infantil en horario de tarde. Desde a Concellería de Bibliotecas tamén se recordou que a Sala de adultos pechará ás 20.00 horas o día 5 de xaneiro. Estes cambios responden ao establecemento dun horario especial con motivo destas datas de Nadal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal