Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE CONSTATA UN DESCENSO NOS ÍNDICES DE CRIMINALIDADE, ROUBOS E DENUNCIAS POR VIOLENCIA DE XÉNERO NA CIDADE
Os datos analizados correspóndense cos meses de xaneiro e setembro deste ano, tal e como indicou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro
Narón, 22 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu xunto co subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, a Xunta Local de Seguridade celebrada no Concello. Á convocatoria, que comezou ás 11.00 horas, asistiron tamén Eva Vázquez, vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno en Galicia; Guillermo Sánchez Fojo, concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón; Fernando Rico, Comisario Xefe da Comisaría Ferrol-Narón; Antonio Nieto, en representación da administración autonómica; Eduardo Pita, xefe da Policía Local de Narón; Francisco Javier López, Teniente xefe do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol; portavoces dos grupos políticos da corporación local de Narón e o Secretario do Concello, Alfonso de Prado. Nos tres primeiros trimestres do ano, tal e como se indicou na Xunta Local de Seguridade, os roubos denunciados en vivendas descenderon nun 34%; en vehículos un 50% e as denuncias por violencia de xénero descenderon tamén nun 50%. Así mesmo, os datos presentados constatan un descenso do 3% no total das infraccións penais no municipio con respecto aos datos de 2016, o que confirma a tendencia dos últimos anos de redución deste tipo de sucesos. “É moi importante que a cidadanía colabore coas forzas e corpos de seguridade e denuncie calquera tipo de violencia ou roubos a través dos cauces oficiais, porque lamentablemente non sempre os problemas que se detectan na cidade se reflicten nunha denuncia formal, o que complica a súa total e necesaria erradicación”, subliñou Ferreiro. O subdelegado do Goberno en Galicia incidiu na importancia da colaboración entre os distintos Corpos de seguridade “que redunda nunha mellor atención e unha maior seguridade para a cidadanía”. Tamén destacou Atán a relevancia de “establecer plans específicos de colaboración entre os diferentes Corpos co obxectivo de que se adopten medidas de seguridade pasiva, con carácter preventivo, durante a celebración de eventos, festividades e outras concentracións nas que se reúna un número importante de persoas”. Jorge Atán apelou á “colaboración entre os Corpos de seguridade no ámbito da seguridade viaria e no da violencia de xénero, aspecto sobre o que recordou a recente aprobación do Pacto de Estado”. Sobre este asunto, a alcaldesa da cidade explicou que o Concello de Narón conta cun dispositivo especial para estas festas de Nadal, pola alerta 4 establecida, que se aplicou tras celebrarse a pertinente Xunta de seguridade coa Policía Nacional. Noutros actos convocados na cidade e que así o requiran tamén se están establecendo operativos específicos en materia antiterrorista, o que sitúa ao Concello de Narón á cabeza dos da provincia en canto a prevención.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal