Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDE AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS PREVISTAS PARA ESTA TARDE TRALA ALERTA LARANXA DECRETADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS
O edil de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que non se celebrarán as actividades do programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa! previstas na Praza de Galicia nin funcionará o Navitren
Narón, 26 de decembro de 2017. O concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou a suspensión das actividades municipais programadas ao aire libre para a xornada de hoxe. A medida responde ao aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, por fenómenos meteorolóxicos adversos, decretándose a alerta laranxa (risco importante) por vento, con refachos máximos de ata 100 quilómetros por hora previstos entre as 18.00 horas de hoxe e ata a mañá do mércores, día 27. Na tarde de hoxe quedan polo tanto suspendidas as actividades enmarcadas no programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa!, que estaban previstas entre as 16.30 e as 18.30 horas na Praza de Galicia e tamén as viaxes do Navitren, que iniciaba hoxe as súas rutas pola estrada de Castela entre as 11.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Así mesmo, no que respecta ás instalacións temporais, os titulares das preceptivas autorizacións municipais adoitarán cantas medidas sexan necesarias para evitar accidentes, tal e como se indicou desde o Speis de Narón.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es