Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDE O DESFILE DA CABALGATA SOLIDARIA PREVISTO PARA O 5 DE XANEIRO POLA ESTRADA DE CASTELA
As carrozas solidarias exhibiranse baixo una carpa na Praza de Galicia e os Reis Magos de Oriente e o rei da Solidariedade, Artabán, recibirán aos menores no Auditorio municipal, donde haberá un concerto de panxoliñas e un espectáculo de animación infantil
Narón, 3 de xaneiro de 2018. O Concello de Narón suspenderá o desfile das carrozas da Cabalgata Solidaria, previsto para o vindeiro venres, día 5, pola estrada de Castela, debido ás previsións de mal tempo para esa xornada. A medida acordouse nunha xuntanza mantida esta mesma mañá, na que se anunciou ademais que se manterá o programa deseñado para ese día pero variando parte das ubicacións das diferentes actividades. A cita comezará ás 16.30 horas cunha exhibición das carrozas baixo unha carpa ubicada na Praza de Galicia, donde haberá unha actuación musical e á que veciñas e veciños acudirán con vestimentas e traxes relacionados coa temática de cada carroza. Na construción das mesmas participaron veciñas e veciños de doce das trece parroquias de Narón. No Val a temática é a Romaría de Santa Margarida; en Castro O conxuro e queimada; en San Xiao a Alegoría aos Reis Magos; en Pedroso o Bosque animado; en Doso o Ralli en igualdade; na Solaina os Paxes reais; no Alto o Mundo de xenxibre; no Couto o Tranvía do Couto; en Sedes o Muíño e agasallos; en Piñeiros a Pesca en familia; en Xuvia o Muíño de Xuvia e na Gándara o Circo da Gándara. En cada unha delas, en función desa temática elixida previamente, a comitiva recolleu diferentes tipos de alimentos que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Azucre e aceite, tomate frito, pasta, leite, fariña, e conservas (pratos cociñados) son algúns dos produtos doados pola veciñanza. Entre as 16.30 e as 19.30 horas sucederanse varias actividades infantís na Praza de Galicia (Pesca-pica, xogos populares, unha Festa branca, un Photocall máxico, Obradoiros do mundo e Animación en movemento) e ás 17.00 horas a concelleira de Acción Social, Catalina García, participará no acto oficial de recepción institucional aos Reis Magos e Artabán, que terá lugar no Auditorio municipal. Sobre as 17.15 horas Melchor, Gaspar, Baltasar e o Rei Artabán dirixiranse ás nenas e nenos que acudan ao Auditorio e cando remate a súa mensaxe comezará unha interpretación de panxoliñas na que participarán diferentes comitivas, a continuación terá lugar a recepción dos Reis Magos e Artabán aos nenos e nenas e, para rematar a programación, un espectáculo de animación infantil. Desde o Concello de Narón anímase ás veciñas e veciños a asistir aos diferentes actos organizados para o día 5 de xaneiro, donde se poderá ver o excelente traballo realizado pola veciñanza da zona urbana e rural do municipio para decorar as carrozas solidarias e tamén desfrutar dunha xornada de xogos e espectáculos e, como non, a visita dos Reis Magos e de Artabán.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal