Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 250 PERSOAS DE NARÓN MELLORAN NOS ÚLTIMOS CINCO ANOS A SÚA EMPREGABILIDADE A TRAVÉS DOS PROGRAMAS INTEGRADOS PARA O EMPREGO
O Concello de Narón, xunto cos de Cedeira e Valdoviño, cofinancia estes programas impulsados a través da administración autonómica e que se xestionan a través da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
Narón, 16 de xaneiro de 2018. A mellora da empregabilidade a través da formación, orientación laboral e prácticas en empresas, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial das veciñas e veciños de Narón e doutros concellos da comarca –Cedeira e Valdoviño- é o obxectivo principal dos Programas Integrados para o Emprego (PIE). A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol solicita estes programas, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciados polos tres concellos, dirixidos a persoas desempregadas. No caso de Narón, desde o ano 2013 realizaron estes programas un total de 186 persoas, ás que se sumarán outras 65 que participarán na convocatoria 2017/2018. Ao remate deste ano, un total de 251 veciñas e veciños de Narón terán ampliado a súa formación con cargo aos Programas Integrados para o Emprego que se impartirán nas instalacións municipais Irmás Froilaz, na Gándara. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, asegurou que se trata dunha proposta moi completa e destacou “a elevada inserción laboral e os excelentes resultados do PIE, que permiten incrementar as posibilidades de saír dunha situación moi difícil ás persoas participantes”. Nas anualidades de 2013/2014; 2014/2015 e 2015/2016 participaron neste programa un total de 141 persoas de Narón -47 en cada un dos exercicios- aos que se suman 21 de Cedeira e 24 de Valdoviño. En todos estes programas integrados contémplase unha obriga de inserción dunha porcentaxe dos participantes, que foi do 35% no primeiro programa e do 30% nas dúas seguintes anualidades. Os Concellos de Narón, Cedeira e Valdoviño cofinancian estes programas xunto coa administración autonómica e entre 2013 e 2016 o investimento total foi de 196.322 euros. Na anualidade 2016/2017 o programa alcanzou 45 desempregados de Narón; sete de Cedeira e oito de Valdoviño. O investimento total nese caso ascendeu a 80.371 euros. Os cursos desenvolvidos nesa anualidade foron de Peixería, Carnizaría, Reposición e Caixa, Inglés, Informática, Carretilleiro e Plataforma Elevadora, Prevención en Riscos Laborais e varios relacionados coa mellora da empregabilidade e a búsqueda de emprego, tal e como recordou Hermida. O pasado mes de decembro, apuntou a concelleira de Formación, concedeuse unha nova edición deste programa e entre o pasado mes e este procederase á selección do persoal que realizará os cursos que se programen e que previsiblemente comezarán a impartirse en febreiro. O total do proxecto que se executará ao longo deste ano ascende a 129.694 euros. Participarán en conxunto 85 persoas, das que 65 serán de Narón, vinte máis que o ano pasado; 10 de Cedeira e outras 10 de Valdoviño, debendo alcanzarse unha inserción laboral do 30%. O programa vai dirixido aos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación, menores de 30 anos, perceptores de prestacións, subsidios…que poden informarse nas Oficinas de Emprego que lles correspondan. Os usuarios e usuarias derívanse da Oficina de Emprego. O programa ten unha duración aproximada de dez meses, na que estarán titorizados de maneira individualizada, combinando un conxunto de accións establecidas na Orde que regula estas subvencións, entre outras as de información, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de Coaching e motivación, obradoiros de entrevista, formación e prácticas non laborais en empresa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal