Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E A EDIL DE ENSINO ENTREGARON DIPLOMAS AO ALUMNADO DO CURSO SOBRE TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS NO CEIP VIRXE DO MAR
Marián Ferreiro e Mercedes Taibo foron as encargadas de dar a vinte e seis nenas e nenos do centro un carné e un diploma do programa, así como a licencia TEI á directora do CEIP, María del Carmen Loureiro
Narón, 17 de xaneiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, participaron esta mañá xunto coa directora do colexio Vixe do Mar, María del Carmen Loureiro, no acto de entrega de diplomas e carnés a un total de vinte e seis nenas e nenos de quinto curso de Primaria que participan no proxecto Titorización Entre Iguais (TEI). Algúns dos pais e nais dos menores asistiron tamén a este evento, celebrado no salón de actos do centro e que comezou ás 11.00 horas. A de hoxe é a primeira promoción deste colexio en recibir o carné oficial deste programa, co que aprenden a titorizar a alumnado de terceiro curso e que comezará o vindeiro luns, dándose a coñecer os titores e os titorizados. Os menores serán “protagonistas de todo o colexio en prevención escolar, os titores emocionais e os referentes dos alumnos e alumnas de terceiro e terán que ensinar valores, normas de convivencia, e en definitiva, acadar a tolerancia cero á violencia”, explicou a directora do centro. Hai unhas semanas as nenas e nenos comezaron a formarse nunha técnica innovadora contra a violencia escolar, co obxectivo de axudar cando hai problemas de convivencia e previr o acoso ou bullyng, recordou Loureiro. A alcaldesa e a edil de Ensino entregaron aos menores o carné de TEI e un diploma que recoñece o nomeamento dos titores, e ao colexio, neste caso á súa directora, a licencia TEI, que permite o uso e adaptación dos materiais á metodoloxía do programa, tal e como se explicou no acto. Marián Ferreiro agradeceu á dirección do colexio Virxe do Mar a invitación para poder asistir ao acto celebrado esta mañá e destacou o labor da comunidade educativa e, en xeral, das nenas e nenos que participan nesta primeira convocatoria do programa de Titorización Entre Iguais. A alcaldesa animou aos menores a implicarse activamente a través desta proposta na loita contra o acoso escolar e apelou á necesaria colaboración dos docentes e dos pais e nais, así como da sociedade en xeral, para erradicar esta lacra. “Tanto nas aulas como fóra delas debemos ter moi presente todas e todos que ante calquera manifestación de violencia, física ou verbal, a tolerancia ten que ser cero”, subliñou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal