Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ARRANCA O PRIMEIRO FIN DE SEMANA TECNOLÓXICO 'NARONLINE 2008'
Se celebra este fin de semana de xeito ininterrumpido, na Praza de Galicia.
Narón, 18 de Xullo de 2008.- O Concello de Narón inaugurou esta tarde o primeiro Fin de Semana Tecnolóxico ‘Naronline 2008’, que se celebrará ata o domingo 20 de Xullo nunha carpa instalada na Praza de Galicia. O evento consta de varias partes diferenciadas, que son as seguintes: -Concentración de internautas (coñecida como Party Informática) na que os participantes, unha vez inscritos poden navegar por Internet a grandes velocidades e de xeito gratuito, gracias ás conexións instaladas neste lugar. Tamén poden realizar competicións de videoxogos e intercambiar archivos. -Aula de alfabetización dixital, con 30 postos informáticos, aberta a tódolos veciños de Narón e comarca. Neste espacio, os interesados poden recibir as primeiras nocións informáticas para poder manexar os ordenadores, e aprender a navegar por Internet. -Ciclo de conferencias sobre o futuro das telecomunicacións e as novas tecnoloxías, dirixidas ós empresarios e ós cidadáns en xeral. Ademáis, Naronline inclúe 13.000 euros en premios tecnolóxicos, aportados na súa maioría por firmas comerciais. Pódese consultar a lista de premios na web www.naronline.es O obxectivo de Naronline, inaugurado esta tarde polo Alcalde de Narón, Xoán Gato, e a Concelleira de Promoción Económica, Angeles Díaz, é achegar as novas tecnoloxías a tódolos veciños de Narón.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es