Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ANOTARSE NA MARCHA CICLISTA DO DOMINGO CORREDOIRO
O clube ciclista Clásicos BikeWorks organizou co Concello un roteiro ciclista pola zona urbana para o día 18 de febreiro
Narón, 15 de febreiro de 2018. O vindeiro domingo, día 18, terá lugar a Marcha ciclista convocada desde o clube ciclista Clásicos BikeWorks en colaboración co Concello con motivo do Domingo Corredoiro. O evento ía celebrarse nun principio o pasado 4 de febreiro, dando o pistoletazo de saída ás actividades programadas para o Entroido, pero finalmente tivo que pospoñerse debido ao mal tempo. Máis de sesenta persoas xa teñen confirmada a súa asistencia á cita, na que os ciclistas irán disfrazados, pero todos aqueles interesados en anotarse poden aínda facelo –de balde, ata esgotar as cen prazas dispoñibles- contactando con Clásicos BikeWorks, ou nos establecementos Óptica Valero e Calzados Mara, en Narón. Os participantes sairán ás 10.30 horas da rúa Cataluña, para iniciar un percorrido en bicicleta duns dez quilómetros pola zona urbana de Narón de aproximadamente unha hora e media de duración. A rúa Cataluña, a estrada Castelao, os viais Luis Seoane, Celso Emilio Ferreiro e as estradas da Gándara e da Trinchera formarán parte desta ruta en bicicleta. Desde o Concello de Narón este evento contará coa colaboración tanto do equipo de Educación Viaria como de voluntarios de Protección Civil, que acompañarán ás persoas que asistan ao Domingo Corredoiro durante todo o percorrido.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal