Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU 16.000 EUROS Á COLOCACIÓN DE SINALIZACIÓN VERTICAL NA PARROQUIA DO VAL
A concelleira de Estatística, Mar Gómez, explicou que se instalarán un total de oitenta e oito sinais en varios viais recuperando varios topónimos da zona e agradeceu a colaboración da entidade veciñal Os Irmandiños
Narón, 16 de febreiro de 2018. O Concello de Narón iniciou onte a colocación de sinalización vertical en varios camiños da parroquia do Val. Así o anunciou a concelleira de Estatística, Mar Gómez, que apuntou que os traballos a realizar suporán un investimento que ronda os 16.000 euros e permitiron realizar unha completa tarefa para restablecer tanto a cartografía como a numeración e recuperar os topónimos do lugar. Colocaranse un total de oitenta e oito sinais na citada parroquia, estando previsto rematar os traballos a finais deste mes. Mar Gómez apuntou que, ao igual que se fixo anteriormente nas parroquias de San Xiao e San Mateo, os sinais están realizados en madeira e nas mesmas figura o escudo e o nome do Concello de Narón e o oficial de cada un dos camiños. A edil de Estatística agradeceu a colaboración prestada pola Asociación de Veciños Os Irmandiños, do Val, para que este proxecto puidese levarse a cabo, ao ser eles os que contribuíron recordando o nome que levaban esas vías que carecían de sinalización e, en moitos casos, dun topónimo oficial. A concelleira explicou que “unha vez que remate a intervención que se está executando no Val, procederase a realizar a pertinente comprobación, para a continuación iniciar os cambios no padrón previos á notificación ás veciñas e veciños da parroquia da numeración definitiva das súas vivendas”. A actuación do Val complementa ás xa rematadas nas parroquias de San Mateo e San Xiao. No primeiro dos casos o Concello destinou preto de 20.000 euros para colocar setenta e oito sinais, mentres que no caso de San Xiao o investimento ascendeu a case 17.000 euros para sesenta e seis sinais, tal e como recordou Gómez. “Este tipo de iniciativas permítennos nomear os camiños e vías como se de rúas do núcleo urbán se tratase, ao tempo que recuperar, grazas á axuda veciñal, a toponimia das diferentes parroquias de Narón”, destacou a concelleira naronesa. “A colaboración das entidades veciñais destas tres parroquias de Narón foi en todo momento exemplar, facilitándonos moito a labor realizada na zona rural”, subliñou. A concelleira destacou esa axuda das entidades veciñais do Val, San Mateo e San Xiao e tamén de Castro, parroquia esta última na que xa se traballa coa planimetría para nomear as diferentes vías.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es