Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE COMUNICACIÓN SOCIAL MEDIA A TRAVÉS DA PLATAFORMA CEMIT
O curso consta dun total de corenta horas formativas e a previsión é impartilas entre os meses de marzo e abril, tal e como indicou a edil de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida
Narón, 19 de febreiro de 2018. As persoas que desexen matricularse no curso de Comunicación Social Media que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia poden reservar a súa praza –hay un total de doce- a través da rede Cemit, debendo estar dados de alta na citada plataforma. A través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48 ofrécese a opción de inscribirse nesta acción formativa, dispoñendo de prazo ata o 28 de febreiro, tal e como indicou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida. O curso consta dun total de corenta horas formativas e a previsión é que as sesións se impartan dende o 5 de marzo ata o 20 de abril, os luns, mércores e venres en horario de 20.00 a 22.00. O alumnado abordará nas clases temas como a introducción ao Copywritting, as diferencias á hora de escribir para plataformas e medios de comunicación, os métodos para a captación da atención, a redacción de títulos atractivos e como compartir contidos en redes sociais, entre outros.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es