Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A ÓPERA AÍDA, DA COMPAÑÍA CONCERLÍRICA
A cita será o día 24 a partir das 20.00 horas e as entradas que quedan disponibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 19 de febreiro de 2018. A compañía Concerlírica estará o sábado día 24 en Narón, no Pazo da Cultura, donde se poderá ver a ópera Aída. A cita será a partir das 20.00 horas e permitirá ao público desfrutar dunha espectacular posta en escena e de arias tan recoñecidas como: Celeste, Aída ou a Marcha Triunfal. O prezo das entradas, á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- é de 28 euros para o público xeral e de 19,60 para abonados, desempregados, e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Este clásico da ópera, con música de Giuseppe Verdi e libreto de Ghislanzoni, está ambientada no Exipto faraónico e narra unha historia de amor truncada polas circunstancias. Os protagonistas desa peza son Aída, unha princesa etíope escrava en Exipto, e Ramadés, un militar exipcio, que terán que afrontar serios problemas, entre eles a oposición de Amonasro, o pai de Aída, ao seu namoramento. A ópera Aída estreouse o 24 de decembro de 1871 no Teatro de Ópera no Cairo con gran éxito.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal