Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE A TRAVÉS DA REDE CEMIT EN CATRO CURSOS DO PROGRAMA DE FORMACIÓN MUNICIPAL
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías recordou que os cursos son de balde e que se poden anotar persoas de Narón e tamén doutros concellos
Narón, 21 de febreiro de 2018. As persoas interesadas en realizar os cursos de Presentacións avanzadas, Google adwords, Trámites e compras en liña e Busca de emprego en internet poderán inscribirse a través da rede Cemit –no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48- ata o vindeiro 28 de febreiro ás 23.59 horas. Así o recordou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que animou aos interesados a anotarse nestes cursos, que son de balde, financiados polo Concello e se impartirán na Aula Cemit de Xuvia. As sesións de Presentacións avanzadas diríxense a un máximo de doce alumnas/os e terán unha duración de trinta horas. A data prevista para o inicio das clases é o 24 de abril, para rematalas o 4 de maio e serán de luns a venres, entre as 16.00 e as 20.00 horas, agás o último día, que rematarán ás 18.00. No que respecta ás de Google adwords, tamén se dirixen a un máximo de doce persoas e terán unha duración de 28 horas, estando previsto impartilas do 23 de abril ao 23 de maio, cada luns, mércores e venres entre as 20.00 e as 22.00 horas. Así mesmo, tanto o curso de Trámites e compras en liña como o de Busca de emprego en internet poderán ter un máximo de doce alumnas/os, se ben no primeiro caso a duración total é de 20 horas e no segundo de 60. En canto ás datas previstas para o desenvolvemento das sesións, as de Trámites e compras en liña serán do 7 ao 11 de maio, de luns a venres entre as 16.00 e as 20.00 horas, e as de Busca de emprego en internet do 21 de maio ata o 8 de xuño, tamén de luns a venres, e de 9.30 a 13.30 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal