Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CEIP A GÁNDARA VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
A iniciativa, impulsada a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, permite aos escolares coñecer algunhas dependencias municipais e parte do funcionamento da administración local
Narón, 6 de marzo de 2018. Un grupo de vinte e cinco nenas e nenos do CEIP A Gándara visitou esta mañá o Concello de Narón. Os menores, de quinto curso de Primaria, participaron no programa de visitas guiadas impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal para dar a coñecer aos escolares algunhas dependencias municipais, así como unha parte do funcionamento da administración local. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu ao grupo de rapazas e rapaces no salón de plenos, donde lle formularon varias preguntas. Os menores viron tamén no salón de plenos o vídeo Nara de Narón, donde unha abella chamada Nara vai realizando un percorrido pola cidade, da que procede o seu nome. Antes de comezar a preguntarlle á alcaldesa pola súa experiencia, leron unha biografía súa que prepararan previamente no colexio para, a continuación, interesarse por temas da administración local e outros como a folga do vindeiro 8 de Marzo, e incluso para plantexarlle unha serie de suxerencias das que tomou nota a rexedora local. Os menores recibiron como agasallo unha gorra e un bolígrafo do Concello. A vindeira visita do programa terá lugar o vindeiro martes, 13 de marzo, cando está previsto que acuda ao Concello outro grupo de vinte e cinco nenas e nenos de quinto curso de educación Primaria do colexio da Gándara.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal