Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE MOCIDADE SOLICITA UNHA ENTREVISTA CO DIRECTOR XERAL DE XUVENTUDE, RUBÉN CELA
O obxectivo é o de acadar máis apoio para o seu programa de actividades.
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia ven de conceder á Concellería de Mocidade unha subvención de 6.422€, dentro do marco das axudas destinadas ás Entidades Locais de Galicia para promover actividades dirixidas á xuventude. Esta subvención foi solicitada ao abeiro da Orde do 31 de marzo de 2008 para impulsar o seu programa, presupostado en 90.100€. Aínda que a cantidade da subvención alónxase moito das pretensións municipais, dende a Concellería de Mocidade, se está a traballar para que a xuventude de Narón teña os máximos recursos e actividades posibles. Por este motivo, a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida Rico, solicita unha entrevista co Director Xeral de Xuventude e Solidaridade, Rubén Cela, co fin de acadar más apoio para o programa de mocidade do Concello de Narón. E anuncia que “tomaranse todas as medidas precisas para que este feito repercuta o menos posible na mocidade naronesa”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal