Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O FESTIVAL SINGULAR EN FEMININO REMATARÁ ESTE SÁBADO CO MONÓLOGO "A CARRETA PANTASMA"
O Pazo da Cultura acollerá o último dos catro monólogos programados desde o Padroado da Cultura con motivo do Día Internacional da Muller, todos eles escritos e protagonizados por mulleres
Narón, 15 de marzo de 2018. O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado, día 17, ás 20.00 horas o último dos monólogos programados no marco do Festival Singular en Feminino. Nesta ocasión será o turno de A Carreta Pantasma, da compañía Berrobambám, e estará protagonizado pola contacontos e actriz galega Paula Carballeira. As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na billeteira do Pazo ou na web do Padroado –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O espectáculo deste sábado afonda nos límites da narración oral e o teatro. Fala da morte, do medo e da memoria e incide no feito de que en moitas ocasións vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. A Carreta Pantasma baséase no filme sueco que leva o mesmo título e que se estreou no ano 1921. Co monólogo do sábado concluirá o Festival Singular en Feminino, iniciado o pasado 9 de marzo e enmarcado este ano no programa de actos do Día Internacional da Muller, polo que se convocaron catro monólogos escritos e protagonizados por mulleres. O día 9 a compañía Ibuprofeno Teatro trouxo a Narón o monólogo A filla de Woody Allen e, ese mesmo día, Eme2 e o Padroado da Cultura de Narón puxeron en escena A noiva de Don Quixote. O pasado 10 de marzo foi o turno de Frida, de Iris Teatro, e o sábado pechará o ciclo A Carreta Pantasma, de Berrobambán.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal