Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CPR AYALA VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA
Os rapaces e rapazas, de quinto curso de Primaria, interesáronse polo traballo da rexedora municipal, Marián Ferreiro
Narón, 20 de marzo de 2018. Unha vintena de escolares de quinto curso de educación Primaria do CPR Ayala visitaron o Concello de Narón. Os menores percorreron algunhas dependencias municipais antes de dirixirse ao salón de plenos, donde os recibiu a alcaldesa, Marián Ferreiro. Unha vez no citado salón as rapazas e rapaces realizaron unha serie de preguntas á rexedora local, interesándose principalmente polo seu traballo á fronte do Consistorio. Os menores recibiron como agasallo unha gorra do Concello de Narón. A visita realizada esta mañá dá continuidade á programación deseñada cos centros educativos da cidade a través do Servizo Sociocomunitario Municipal. A vindeira visita está programada para o día 10 de abril, cando se desprazarán ao Concello unha vintena de estudantes, nesa ocasión de sexto curso de educación Primaria do mesmo centro, o CPR Ayala.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal