Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A OBRA "LA CANTANTE CALVA" E UN CONCERTO DE ISMAEL SERRANO
O venres día 6 subiranse ao escenario Adriana Ozores e Fernando Tejero, que forman parte do elenco da obra teatral, e o sábado 7 será o turno do cantautor madrileño Ismael Serrano
Narón, 2 de abril de 2018. A compañía Lázaro Producciones traerá este venres a Narón o espectáculo La cantante calva, protagonizado por recoñecidas actrices e actores do panorama nacional, como Adriana Ozores ou Fernando Tejero, entre outros. A representación desta peza teatral no Pazo dará comezo ás 20.30 horas e as últimas entradas dispoñibles están á venda a un prezo de 20 euros para o público xeral e 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Poden adquirirse a través da billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. La cantante calva abrirá a programación do mes de abril no Pazo da Cultura. Trátase dunha das pezas máis representativas do coñecido como “teatro do absurdo” que se estreou hai preto de setenta anos da man de Eugène Ionesco. A obra é ao mesmo tempo unha comedia e unha traxedia, que xorde a partir das sentenzas dun manual para aprender inglés e nas que se rebela o automatismo colectivo. Na xornada do sábado, día 7, terá lugar o concerto do cantautor madrileño Ismael Serrano, que chega a Narón no marco da xira: 20 años. Hoy es siempre. As súas cancións máis recoñecidas (“Cien días”, “Pequeña criatura”, “Si te callase el ruído”…) compartirán protagonismo con outros temas inéditos e versións de recoñecidos cantautores como Silvio Rodríguez, Luis Eduardo Aute ou Luis Pastor. Están tamén á venda as últimas entradas dispoñibles, cun prezo de 18 euros para o público xeral e 12,60 para o resto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal